Criterio
Mes
Ano

Alternativa dos Veciños demanda a contratación de conexión da vía Ártabra coa AP-9

05/02/2018

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, demandou esta mañá que a Xunta de Galicia contrate as obras de conexión da vía Ártabra coa AP-9. Alternativa dos Veciños agarda que a Xunta realice en 2018, con cargo a fondos europeos e autonómicos, a última fase da vía Ártabra, unha actuación imprescindible para que esta vía acade todas as súas posibilidades de comunicación e permita que os vehículos se incorporen directamente á AP-9.

“Imos insistir moito na necesidade de que se remate a vía Ártabra, para que quede conectada coa AP-9. A comezos do pasado ano o presidente dicíame nunha reunión que ía contratarse o enlace e, máis recentemente, a conselleira de Infraestruturas tamén me comentou que ían sacar a obra a licitación por 34 millóns de euros. Trátase dunha obra prioritaria para toda a comarca, que pode chegar a reducir o tráfico na N-VI e na ponte Pasaxe nun 30%, polo que a importancia desta actuación é moi grande”, comentou o alcalde.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa