Criterio
Mes
Ano

Alternativa dos Veciños presenta unha moción na Deputación en rexeitamento á planta de resiudos no Peirao de Oza

07/02/2018

O Grupo provincial de Alternativa dos Veciños presenta unha moción na Deputación para que o Organismo provincial solicite da Xunta a desestimación da construción da planta de residuos oleosos no Peirao de Oza por parte da empresa Limpoil S.L.U.

A moción, que foi rexistrada esta mañá e sería debatida no próximo pleno provincial de finais de febreiro, presenta unha serie de datos contrastables sobre accidentes e incendios en plantas de residuos de toda España e, máis concretamente, da provincia da Coruña. Tendo en conta estes antecedentes, o grupo Alternativa dos Veciños advirte do risco ambiental de "situar unha planta destas características nunha localización a 500 metros de bancos de producción marisqueira", algo tamén "incompatible coa actividade dun porto pesqueiro".

 

Nos seus acordos, a moción conserva as peticións veciñais feitas o 27 de novembro de 2017 pola Asociación de Veciños de Oza-A Gaiteira-Os Castros, véxase: que a Deputación da Coruña amose o seu rexeitamento á construción desta planta no Peirao de Oza; que a Deputación apoie ás entidades veciñais que xa se posicionaron en contra da instalación; que a Deputación se presente diante dos procedementos administrativos correspondentes para impedira a construción; que a Deputación demande da Xunta de Galicia a "desestimación e rexeitamento da construción da planta de recepción e pre-tratamento de residuos oleosos xerados por buques no Concello da Coruña".

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa