Criterio
Mes
Ano

Oleiros contará con máis de 20 persoas centenarias en 2018

08/02/2018

Un total de 7 veciños e veciñas do municipio cumprirán 100 anos ao longo de 2018. Actualmente son 20 as persoas que teñen 100 ou máis anos.

As dúas persoas más maiores do municipio son dúas mulleres. Residen nas localidades de Mera e Nós e neste 2018 cumpren 105 anos.

“É unha satisfacción ter tantas persoas maiores en Oleiros. Na maioría dos casos están moi lúcidas, e teñen historias interesantísimas”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa