Criterio
Mes
Ano

O Ministerio de Fomento resposta ás demandas dos alcaldes da comarca afirmando que A Coruña ten os mellores accesos de España

12/02/2018

O Director Xeral de Estradas, Jorge Urrecho Corrales, respondeu ao escrito enviado polos alcaldes da comarca da Coruña no que se lle demandaba ao Ministerio de Fomento a urxente contratación das obras de mellora dos accesos á Coruña dicindo que “A Coruña é unha das cidades cos mellores accesos de toda España”. Numerosos veciños e veciñas da comarca e da cidade concentráronse o pasado mes de xaneiro diante da Delegación do Goberno para reclamar que os orzamentos do Estado para o ano 2018 conten coas partidas económicas necesarias para contratar as obras de mellora dos accesos á Coruña na N-VI, desde Betanzos ata a cidade, ao seu paso polos municipios de Betanzos, Bergondo, Cambre, Sada, Oleiros e A Coruña.

“É un insulto á cidadanía dicir que A Coruña ten os mellores accesos de España. É unha vergoña que o Director Xeral de Estradas do Estado, que non debe saber onde está A Coruña, se dirixa por carta aos alcaldes da comarca dicindo iso”, comentou o alcalde. “Ademais, nese escrito deixa patente que ignora totalmente a situación na que se atopan os acceso á cidade da Coruña e á comarca pois chega a dicir que as pasarelas peonís, que levamos demandando durante tanto tempo desde o Concello de Oleiros, están en proxecto cando xa están en fase de licitación. Esa falta de coñecemento xa o di todo deste tipo de individuos que están nos cargos para cobrar uns soldos terroríficos e o único que fan é rirse da cidadanía”, dixo García Seoane. 

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa