Criterio
Mes
Ano

Ángel García Seoane participa o mércores nun debate sobre os accesos viarios á cidade e á comarca no Casino da Coruña

26/02/2018

O presdiente de Alternativa dos Veciños e alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, participa este mércores día 28 de febreiro nun debate sobre os accesos viarios á cidade e á comarca da Coruña. O coloquio terá lugar no salón de actos principal do Sporting Club Casino da Coruña, na rúa Real, a partir das 19:30 horas.

Baixo o título É A Coruña unha cidade con boa accesibilidade? Ángel García Seoane compartirá mesa con Andrés Precedo Ledo -Catedrático de Xeografía Urbana e Ordenación do Territorio-, Alberto Unsain González de Suso -Arquitecto e Ex-Presidente do Colexio de Arquitectos- e Gael Sánchez-Rivas -Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos- para analizar o estado das infraestruturas de entrada e saída a cidade. Este debate forma parte do ciclo Solucións políticas os problemas cidadáns.

“Eu non pararei de manifestarme, de denunciar, de colgar pancartas,... alí onde me chamen estarei ata lograr que A Coruña conte cos accesos que necesita. Invitáronme a participar nun debate que organiza o Sporting Club Casino e aí vou estar o mércores ás sete e media da tarde. Ao parecer chamaron a máis alcaldes para participar neste acto, pero non queren dar a cara”, comentou o alcalde de Oleiros.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa