Criterio
Mes
Ano

Alternativa dos Veciños apoia a folga feminista do 8 de marzo

05/03/2018

Alternativa dos Veciños apoia a folga e todas as demais mobilizacións e actos que vaian ter lugar o vindeiro 8 de marzo, Día Internacional da Muller, para reivindicar a igualdade de oportunidades nas condicións de traballo, na esfera social e no dereito a vivir sen violencias. O Goberno municipal reivindica un compromiso activo que redunde na eliminación da discriminación laboral, económica e social das mulleres.

As reivindicacións deste vindeiro 8 de marzo non poden ser para un día illado, porque todos os días do ano son necesarios para ir corrixindo as evidentes desigualdades, discriminacións e violencias estruturais que padecen as mulleres na sociedade actual. Aínda que o día 8 de marzo pretenda ser unha nova chamada de atención a estes aspectos e outros máis profundos, como as violencias machistas, os sinais máis que evidentes de desigualdade salarial, de discriminación ou de permitir que a conciliación familiar sexa unha cuestión practicamente exclusiva das mulleres; obriga ás institucións, aos colectivos cidadáns e á sociedade en xeral a dar un paso máis e denuncialo de xeito público para que se poidan chegar a mudar todas estas eivas que están a padecer diariamente as mulleres. 

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa