Criterio
Mes
Ano

Alternativa dos Veciños apoia a manifestación en defensa das pensión deste sábado

15/03/2018

Para este sábado están convocadas concentracións en toda España para defender o dereito a un pensión digna. Alternativa dos Veciños sumarase ás mobilizacións e anima a toda a cidadanía da comarca a participar na concentración da Coruña, que terá lugar no Obelisco ás 12:00 horas.

Con esta concentración preténdese deter a perda de poder adquisitivo das pensións e alertar sobre o seu intento de privatización mediante plans de pensións xestionados por bancos e fondos de investimento.

“Non é unha manifestación só dos pensionistas, é unha concentración para que acudamos todos os cidadáns que estamos en contra deses miserentos aumentos das pensións. A maior parte das pensións son de 600-700 euros, e xa sen mencionar as de 300 e 400 euros. Por iso este sábado debemos estar ás 12 na Coruña para solidarizarnos cos nosos pais, nais, avós, avoas... para dicirlles ao Goberno e aos que están alí arriba no parlamento –uns e outros- que se deixen de tanta charla, que se poñan de acordo todos e que suban as pensións. O PP é o culpable desta desfeita pero non ten a maioría, así que todos os deputados teñen posibilidade de actuar”, comentou o presidente de Alternativa dos Veciños Ángel García Seoane.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa