Criterio
Mes
Ano

O Goberno municipal de Alternativa dos Veciños presiona á Xunta para que constrúa unha cuberta na polideportiva do IES Neira Vilas

19/03/2018

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, mantivo esta mañá un encontro co xefe territorial de ensino, Indalecio Cabana, para demandarlle a construción dunha cuberta na pista polideportiva do IES Neira Vilas. Aínda que a Xunta de Galicia ten a competencia en exclusiva sobre os centros de ensino de secundaria, o Concello de Oleiros estaría disposto a asumir o 50% do custo da instalación dun teito na zona deportiva do instituto de Perillo.

“É unha obra que ten que facer a Xunta. Aínda que nos colexios de primaria si que hai cuestións que ten que asumir o Concello, nos centros de secundaria a Consellería de Ensino ten as competencias en exclusiva, pero estamos dispostos a aportar o 50% para que o alumnado do instituto de Perillo teña unha pista polideportiva cuberta. Aí está o noso compromiso. Agora agardaremos a decisión que adopta a Consellería”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa