Criterio
Mes
Ano

O domingo celébrase un acto de homenaxe a Nano García no campo municipal de Iñás

03/04/2018

O vindeiro domingo 8 de abril, ás 12:00 horas,  o Concello de Oleiros realizará un acto público de homenaxe a Nano García Núñez no campo de fútbol de Iñás, que pasará a levar o seu nome. O Goberno municipal adoptou esta decisión, ao pouco de coñecerse o falecemento deste colaborador de Radio Oleiros, en recoñecemento a todo o seu traballo de promoción e divulgación do deporte oleirense de maneira altruísta.

Desde os micrófonos de Radio Oleiros, e de maneira desinteresada, Nano García informou durante moitos anos sobre a actualidade e os logros tanto de clubs como de deportistas. Ademais, colaborou na organización de numerosos eventos deportivos no municipio.

Dada a simpatía e cariño da que gozaba por parte dos clubs e deportistas, está previsto que sexan moitas as persoas que acudan a esta homenaxe pública. “Facía o programa de deportes da radio municipal e nunca cobrou un peso. Informou sobre os deportes, ensalzou os logros dos deportistas,... Foi un gran promotor do deporte en Oleiros”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa