Criterio
Mes
Ano

Pedro Armas será o cabeza de lista de Alternativa dos Veciños na cidade da Coruña

09/04/2018

Alternativa dos Veciños vai presentar candidaturas en todos os municipios da comarca da Coruña nas vindeiras eleccións municipais. Tal e como se acordou nunha Asemblea Xeral celebrada pasado mes de outubro, Alternativa pretende ter presenza nas corporacións de Oleiros, Culleredo, A Coruña, Cambre, Arteixo, Carral e Cerceda. 

Ante a situación de parálise pola que atravesan moitos municipios da comarca, nos que a inexistencia de maiorías provocan constantes boicots aos gobernos, Alternativa dos Veciños pretende contribuír a facer gobernables eses concellos para acadar as necesidades da cidadanía e impulsar a creación da Área Metropolitana. 

Na cidade da Coruña, o cabeza de lista será Pedro Armas. Armas é profesor de universidade e vicepresidente da Comisión Interuniversitaria de Galicia. Militou no PSOE ata o 2014, cando dimitiu tras denunciar o inflado do censo das primarias. Tamén foi director de Inspección de Educación do Estado na Delegación do Goberno e delegado provincial de Educación da Xunta de Galicia.

“Nas anteriores eleccións xa nos presentamos en catro concellos da comarca e, malia a ocultación á que nos someteron os medios, conseguimos obter representación en Culleredo e na Deputación, ademais de en Oleiros. Grazas aos votos dos veciños de Oleiros, Culleredo, Arteixo e A Coruña estamos a ser unha voz crítica na Deputación provincial e xa modificamos moitas das políticas practicadas polos anteriores gobernos”, comentou o presidente de Alternativa dos Veciños, Ángel García Seoane.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa