Criterio
Mes
Ano

Alternativa e o resto de grupos da Deputación tomban a iniciativa do PP de vender o Porto da Coruña

27/04/2018

                                                                                                             

  • Ángel García Seoane: «Os veciños e veciñas de A Coruña teñen que levantarse para impedir a acción especulativa máis grande da historia da cidade. Desde Alternativa dos Veciños non imos permitir que o PP  venda uns terreos que son de todos».

 

A Coruña, 27 de abril de 2018. O Grupo provincial de Alternativa dos Veciños vota en contra da moción do Partido Popular que solicitaba a creación dunha empresa para xestionar os terreos públicos gañados ao mar no Porto da Coruña.

Ante a operación especulativa que Portos do Estado pretende levar a cabo nas zonas portuarias da Coruña, desde Alternativa dos Veciños queremos manifestar aos que queren convencernos das bondades da venta de terreos públicos gañados ao mar, o seguinte.

A construción do Porto exterior, igual que outras actuacións en distintos portos de España, a ten que pagar o Estado a cargo dos seus propios orzamentos.  

O porto ten diversos xeitos de facer caixa: taxas portuarias, peaxes por aplicación de medidas de seguridade, concesións de espazos para empresas e monopolios, etc. Non debemos esquecer que  A Coruña é un concello con fortes carencias de zonas verdes, deportivas e áreas recreativas e de ocio por habitante. Coa proposta do PP, os peiraos de batería e Calvo Sotelo nunca serían nin serán unha zona verde. Queren manter os 54.565 m2 de construción nun área de 76.000 m2.

No caso do peirao de San Diego e do centenario, queren facer 396.600 m2 de construción de vivendas e locais. e dicir: case 4.000 vivendas, que son un terzo da totalidade que existen en Oleiros; con edificios de ata 10 plantas convertendo Os Castros, A Gaiteira e a zona de Catro Camiños no patio traseiro da nova cidade marítima.

Ante tal atraco, a cidade da Coruña, os seus veciños e todas as entidades deben alzar a voz e impedir a operación especulativa máis grande da historia da Coruña.A Deputación non pode nin debe estar ao marxe do espolio que se pretende levar a cabo: nada hai que pagar por un solo que é de todos por lei.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa