Criterio
Mes
Ano

Alternativa dos Veciños celebra a absolución dos rescatadores sevillanos xulgados en Grecia

08/05/2018

Alternativa dos Veciños celebra a absolución dos rescatadores da ONG Proemaid que foron xulgados en Grecia por realizar labores de rescate de persoas refuxiadas que atravesan o mar Mediterráneo e que estaban falsamente acusados de tráfico de persoas e de posesión de armas.

O pasado 26 de abril, o pleno municipal aprobou a moción presentada polo Goberno municipal de Alternativa dos Veciños para apoiar a Manuel Blanco, Julio Latorre e Enrique Rodríguez que acudiron á illa grega de Lesbos para realizar actividades de rescate e salvamento de persoas.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa