Criterio
Mes
Ano

A Deputación aproba un conxunto de obras para Oleiros valoradas en máis dun millón de euros

16/05/2018

O pleno da Deputación da Coruña, no que participou o alcalde de Oleiros e de deputado provincial por Alternativa dos Veciños Ángel García Seoane, acordou a aprobación das obras do Plan de Obras e Servizos provinciais do 2018 POS+. O Concello de Oleiros recibirá 1.131.578,96 euros para a realización de sete proxectos distintos.

Está previsto que as obras poidan estar en execución despois do verán, unha vez remate todo o procedemento administrativo de contratación. As actuacións que se van realizar son as seguintes:

- Renovación de beirarrúas e servizos na avenida Rosalía de Castro, en Perillo: 215.217,35 euros
- Construción dunha cuberta e outras melloras na pista polideportiva da casa do pobo de Dorneda: 126.999,18 euros
- Pavimentación da rúa A Seara, en Nós: 100.572,56 euros
- Pavimentación das rúas da urbanización O Xunqueiro, en Mera: 129.743,21 euros
- Pavimentacións en O Valiño, en Nós: 164.811,53 euros
- Renovación do Bombeo das Pedras, en Perillo: 62.989,81 euros
- Renovación da rede abastecemento da rúa Pombal, en Perillo: 102.283,90 euros

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa