Criterio
Mes
Ano

As subvencións para entidades deportivas da provincia repartirán máis dun millón de euros en concorrencia

21/05/2018

A Deputación da Coruña aproba as bases específicas das convocatorias dos programas de subvencións a entidades deportivas a través das cales repartirá máis dun millón de euros en concorrencia competitiva no ano 2018. Os programas son os FO103A, FO103D e FO104.

En concreto, estes programas están destinados á realización de actividades de fomento do deporte, a infraestruturas e equpamento deportivo e á organización de grandes eventos deportivos na provincia, respectivamente. Estes son os datos das tres convocatorias. A primeira repartirá a través de criterios obxectivos 300.000 euros, a segunda 395.000 e a terceira 400.000 euros. Polo de agora non foron publicados os prazos de solicitude a través da plataforma SUBTEL da Deputación.

 

Consulta as Bases específicas dos programas de subvencións a entidades deportivas para o ano 2018:



Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa