Criterio
Mes
Ano

O sábado celébrase a Romaría das Merendiñas

28/05/2018

O vindeiro sábado día 2 de xuño celébrase a tradicional Romaría das Merendiñas, unha festa na que están convidadas a participar todas as persoas maiores de 60 anos. Se a chuvia non o impide, a festa celebrarse un ano máis nos xardíns das Torres de Santa Cruz.

Está previsto que unhas 1.200 persoas acudan o sábado á romaría. Para poder acceder á festa é imprescindible presentar a invitación que todas as persoas maiores de 60 anos recibiron nos seus domicilios.

O menú, un ano máis, estará composto por empanada, roxóns, chourizo ao estilo Santaia, larpeira e queixo con marmelo. Antes da comida, a Banda da Escola Municipal de Música amenizará a xornada. Pola tarde, tras o xantar, non faltará a música en directo da man do Dúo Calú e do Cuarteto Son de Boleros, que se encargarán de animar o baile.

Un elemento fundamental desta festa é a implicación e participación do tecido asociativo do concello que fai que sexan moitas as persoas que colaboran desinteresadamente na organización e desenvolvemento desta festa, unha axuda imprescindible que fai desta romaría unha festa única e sen igual en toda a comarca.

Para facilitar o acceso de todas as persoas participantes haberá tres autobuses que percorrerán todas as localidades de Oleiros desde as 12:30 da mañá. O percorrido dos autobuses comeza en todos os casos ás 12:30 h. As rutas serán as seguintes:

1.Serantes, Maianca, Dexo, Lorbé, Dorneda: Mera (Nai Pai), A Pista, O Cubo. Aba, A Torre, Igrexa Dexo, A Escola, Broño, A Igrexa, O Regacho, Cabreira, Breixo, Arillo.

2. Perillo,  Montrove: Centro Cultural, Solana, Lucín, Beiramar, Che Guevara (adegas de viño), Parador.

3. Oleiros, Iñas, Nós: As Torres (parada de bus), A Cova, Campamento (parada de bus Betanzos), Arenaza (cruzamento entrada urbanización), O Piñeiro, Os Vilares, a Chasqueira, Vilanova, Casa do Pobo de Nós, O Seixal, Alsina, Mesón da Auga, Cristo Rei, Oleiros (Policía Local). 

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa