Criterio
Mes
Ano

O novo Goberno central non ten escusas para non realizar a obra de Sol y Mar no 2018

01/06/2018

Alternativa dos Veciños congratúlase de que por fin se aprobe o proxecto para realizar a obra de Sol y Mar que levamos demandando durante tantos anos desde o Goberno municipal. A alegría é parcial e non será total ata o momento no que o Ministerio de Fomento contrate a obra en 2018.

O proxecto que aparece publicado hoxe no BOE inclúe as alegacións presentadas polo Concello de Oleiros, nas que se solicitaba que se tivera en conta a necesidade de repoñer os diferentes servizos públicos afectados pola actuación. Ademais deste proxecto, o Ministerio de Fomento dispón dos terreos necesarios para a realización da obra -obtidos polo Goberno municipal grazas ás cesións de particulares ao Concello- e da partida orzamentaria, polo que o novo Goberno central non ten escusas para sacar a obra a contratación antes de que remate o ano. 

Esta actuación xunto coa conexión da vía Ártabra coa Autoestrada do Atlántico solucionarían moitos dos graves problemas de tráfico que existen na comarca e nos accesos á cidade da Coruña. O Concello de OIeiros agarda que a Xunta de Galicia tamén realice en 2018, con cargo a fondos europeos e autonómicos, a última fase da vía Ártabra, unha actuación imprescindible para que esta vía acade todas as súas posibilidades de comunicación e permita que os vehículos se incorporen directamente á AP-9.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa