Criterio
Mes
Ano

Máis de 1.300 persoas asisten á Romaría das Merendiñas

02/06/2018

A Romaría das Merendiñas, celebrada no día de hoxe nos xardíns das Torres de Santa Cruz, contou coa participación de máis de 1.300 persoas maiores de 60 anos procedentes de todas as localidades do municipio. A festa desenvolveuse con total normalidade, nun ambiente moi agradable e no que non faltou o baile.

Preto de 100 persoas, moitas delas pertencentes a entidades sociais, culturais e deportivas do municipio, colaboraron nesta singular festa que organiza o Concello de Oleiros. Como todos os anos, os voluntarios conseguiron servir nun tempo récord a comida a todas as persoas asistentes.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa