Criterio
Mes
Ano

Abre o prazo para solicitar as prestacións de apoio á escolarización para o vindeiro curso

06/06/2018

Desde mañá día 7 de xuño e ata o vindeiro 26 de xuño, todas aquelas persoas interesadas poderán solicitar as prestacións de apoio á escolarización do Concello de Oleiros para o curso 2018-2019. Estas axudas son unha das numerosas medidas pola inclusión social que ten recollidas no seu regulamento a Concellería de Servizos Sociais do Concello de Oleiros.

O seu fin é apoiar a aquelas familias, nunha peor situación económica, a asumir os gastos extraordinarios que provoca o inicio do curso escolar. Ademais, son compatibles con outras axudas similares que poda haber doutras administracións.

Os importes das axudas para o curso 2018/2019 son os seguintes:

- 2º ciclo de educación infantil: 70 € 
- Educación primaria: 80 € 
- ESO ou ciclo formativo equivalente: 90 € 
- Bacharelato ou ciclo formativo equivalente: 110 €

Para calquera información, as persoas interesadas poden acudir ás oficinas do Departamento de Servizos Sociais ou chamar a través do teléfono de atención ao veciño do Concello de Oleiros, 981 610 000.

MÁIS INFORMACIÓN

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa