Criterio
Mes
Ano

Inaugúranse as rúas Orquestra Os Satélites e Pucho Boedo

23/06/2018

A nova urbanización da Corredoira das Viñas, en Perillo, acolleu esta mañá o acto de inauguración das rúas Orquestra Os Satélites e Pucho Boedo. Decenas de persoas participaron nunha emotiva homenaxe ao mellor cantante galego do século XX e ao fundador da mellor orquestra de Galicia, o perillán coñecido popularmente como Lolito.

Antes do descubrimento da placa, que realizou a filla do fundador dos Satélites, o alcalde dirixiuse a todos os asistentes para lembrar a figura de Lolito e de Pucho Boedo, dos que destacou a súa calidade artística e a importancia que tiveron na música galega. O acto tamén contou coa intervención da filla de Lolito, coa actuación dun saxofonista e co son de Camino de Sahara, de Pucho Boedo.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa