Criterio
Mes
Ano

Os violadores de “La manada” son declarados persoas non gratas no Concello de Oleiros

28/06/2018

O pleno do Concello de Oleiros realizou unha declaración institucional para condenar a posta en liberdade das cinco persoas que violaron a unha moza en Pamplona no ano 2016. A corporación tamén acordou declarar aos cinco violadores persoas non gratas no Concello de Oleiros. 

Así mesmo, o Goberno municipal aprobou no pleno celebrado esta tarde un conxunto de diversas obras valoradas en 1.169.895,31 euros e que se financiarán con 660.033,67 euros das arcas municipais, procedentes do superávit económico do exercicio 2017. As actuacións que quedaron aprobadas e que estarán en execución despois do verán son as seguintes: 

Cambio de uso da Casa das Pedras para crear o Centro de Lecer de Perillo: 47.880,81 euros

Repintado do cuartel da Policía Local: 20.253,78 euros

Pavimentación da rúa Pexegueiro: 55.084,13 euros

Renovación do pavimento, das beirarrúas e da rede de abastecemento de auga da rúa Miraflores: 57.643,67 euros

Pavimentación dun tramo da rúa Avelino Cachafeiro: 38.169,14 euros

Construción de beirrarrúas en Lorbé, rúa do Golfiño: 455.020,52 euros

Actuación na fonte de Espiñeiro: 20.106,09 euros

Reurbanización viaria e conexión da avenida das Mariñas coa rúa Icaro: 67.502,19 euros

Renovación do colector de saneamento do Polígono Industrial do Espírito Santo (tramo rúa Barcala): 188.046,68 euros

Asistencia técnica para elaboración do PE-2 Rego de San Pedro: 143.000 euros

Coordinación de seguridade e saúde: 13.112,48 euros

Control de calidade das inversións financieiramente sostibles: 64.075,81 euros

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa