Criterio
Mes
Ano

Máis de 1.700 persoas participan na segunda Romaría de Alternativa dos Veciños

09/07/2018

A segunda Romaría de Alternativa dos Veciños converteuse nun encontro festivo multitudinario de veciños e veciñas da comarca. Máis 1.700 persoas gozaron dun día de festa na Finca Tenreiro, un gran parque público de máis de 30.000 metros cadrados situado na localidade de Nós.  

O evento desenvolveuse nun ambiente festivo e de convivencia moi agradable. Aínda que o xantar foi o momento álxido da xornada, concentrando o maior número de persoas, a romaría prolongouse ata a chegada da noite con xogos e diferentes actividades para nenos e adultos. A charanga Os Charangos amenizou toda a xornada coa súa música.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa