Criterio
Mes
Ano

Olga Lucas, viúva de Jose Luis Sampedro, visita o Concello de Oleiros

11/07/2018

Olga Lucas, viúva de José Luis Sampedro, visitou no día de hoxe o Concello de Oleiros e mantivo un encontro co alcalde, Ángel García Seoane. Lucas veu a Oleiros para coñecer de primeira man as políticas desenvolvidas polo Goberno municipal e para agradecer ao alcalde que un dos parques públicos do municipio leve o nome do que foi o seu compañeiro, xa que non puido asistir á inauguración no seu día.

Olga Lucas é unha muller que ten un profundo compromiso coa sociedade. Naceu no exilio pero regresou a España para combater o franquismo. No 1997 coñeceu a Sampedro e compartiu con el moito máis que unha relación persoal. A día de hoxe está volcada na difusión da obra e do pensamento do que foi o seu marido.

Precisamente nos vindeiros meses Oleiros acollerá unha interesante exposición relacionada coa vida e obra de José Luis Sampedro que está a percorrer toda España. Ademais, está prevista a realización de obradoiros e faladoiros nas Bibliotecas Municipais relacionados coa figura deste destacado humanista e demócrata.
 

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa