Criterio
Mes
Ano

O Concello de Oleiros contrata diversas obras por máis de 160.000 euros

30/07/2018

O Concello de Oleiros adxudicou sete obras que se realizarán en diversos lugares do municipio nos vindeiros meses e que se financiarán con fondos do superávit económico do exercicio 2017. A suma total das sete actuacións contratadas é de 167.576,60 euros.

Renovación da cuberta do parque José Couso, 38.524,88 euros: acometerase a substitución do teito da pérgola do parque José Couso, mantendo a estética e o deseño que existe actualmente.

Pavimentación do aparcadoiro da Mazota, 36.541,30 euros: este aparcadoiro público, moi empregado por veciños e turistas por estar situado xunto ao paseo marítimo de Santa Cristina e nas proximidades do centro cultural A Fábrica, precisa unha renovación do seu firme.

Almacén na pista polideportiva da II República, 32.500 euros: construción dun almacén ao carón da pista deportiva situada na avenida da II República, en Perillo. Este local dará servizo para gardar diversos materiais á Asociación de Veciños A Ría e á comisión de festas.

Mellora da pista polideportiva do Seixal, 26.101,18 euros: renovación do pavimento existente na pista polideportiva situada na rúa do Lameiro, no Seixal, e dotación de diverso equipamento deportivo.

Construción do peche da futura sede da Escola Municipal de Surf, 26.558,61 euros: as obras consistirán na demolición do actual peche da casa de propiedade municipal que se atopa nas inmediacións da praia de Bastiagueiro e na súa substitución por un muro de cachotaría rematado por un cerramento de forxa. O muro de cachotaría existente na fronte da parcela manterase.

Pintado dos farois do paseo marítimo de Santa Cristina, 4.930,63 euros: aplicarase unha nova capa de pintura de recubrimento nas bases dos farois para minimizar a corrosión e degradación que sofren pola súa proximidade ao mar.

Peche dos foxos do parque do Graxal, 2.420 euros: está previsto o cerramento dun antigo foxo de atraque para as lanchas, que non ten uso na actualidade, que se atopa no Graxal.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa