Criterio
Mes
Ano

Altrernativa dos Veciños denuncia novamente as graves deficiencias no servizo de recollida de lixo

01/08/2018

As numerosas deficiencias no servizo de recollida do lixo que se presta desde o Consorcio das Mariñas está a provocar moitas queixas por parte de veciños de diversos lugares do municipio. Alternativa dos Veciños está a constatar que a empresa concesionaria non está a recoller todos os días que lle corresponde, faltan contedores para depositar os residuos, os de papel e vidro están saturados en moitas zonas e os contornos non están limpos.

Alternativa dos Veciños denunciou en anteriores ocasións esta situación ante o Consorcio. De feito, desde Oleiros impulsouse a realización dunha auditoría para contrastar o cumprimento do contrato por parte da empresa que presta o servizo. Ese informe, co que o Concello de Oleiros está en total desacordo, ignora a situación que existe tanto en Oleiros como nos demais municipios do Consorcio.

A este problema engádeselle o incivismo de diversas persoas que usan os contedores para depositar todo tipo de materiais, colchóns ou mobles que deben depositarse no punto limpo de Iñás. Estas actuacións requiren dun control e unha vixiancia que supostamente teñen que realizar as dúas persoas contratadas polo Consorcio para ese fin.

Ante esta situación, na próxima reunión do Consorcio das Mariñas, o Concello de Oleiros proporá rebaixar as cantidades que se abonan pola recollida do lixo ante o incumprimento do contrato. 

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa