Criterio
Mes
Ano

A burrocracia da Xunta boicotea a chegada do bus urbano 1A a Santa Cristina

03/08/2018

O Goberno municipal de Alternativa dos Veciños denunciou esta mañá ante as dependencias autonómicas na Coruña o boicot perpetrado pola Xunta de Galicia que impide que, malia a existencia de acordo entre todas as partes desde o mes de maio, o bus urbano da Coruña 1A non poida chegar ata Santa Cristina. A modo satírico, o alcalde presentou o medio de transporte que vai ter que empregar a cidadanía para poder ir ás praias de Oleiros: os burros.

Ángel García Seoane presentouse con tres burros ante a porta da Xunta de Galicia, en Monelos, e cunha pancarta na que podía lerse Novo transporte público ás praias. Burrocracia da Xunta. “É lamentable que desde abril, estando todos de acordo -Xunta, Concello da Coruña, Concello de Oleiros e Compañía de Tranvías-, os cidadáns sigan sen poder utilizar o transporte público para ir á praia de Santa Cristina”, dixo García Seoane.

O pasado 20 de abril o Concello propuxo a creación dun servizo de transporte público ás praias de Oleiros durante o verán desde os municipios da Coruña, Cambre e Culleredo para mellorar a mobilidade nas estradas. Aínda que en Cambre e Culleredo a empresa que ten a concesión se negou a realizar o servizo, no caso da Coruña si que existe acordo entre todas as partes desde o día 11 de maio. Incomprensiblemente, a Xunta de Galicia está a dilatar os prazos e poñer numerosas trabas burocráticas innecesarias para que o servizo non funcione.

ESCRITO PRESENTADO POLO CONCELLO DE OLEIROS ANTE A XUNTA DE GALICIA

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa