Criterio
Mes
Ano

O Concello de Oleiros saca a contratación diversas obras por máis dun millón de euros

09/08/2018

O Concello de Oleiros iniciou a licitación de nove obras que se realizarán en diversos lugares do municipio nos vindeiros meses. A suma total das nove actuacións é de 1.005.397 euros.

Pavimentacións no Valiño (Nós), 219.748 euros.

Pavimentación das rúas da urbanización O Xunqueiro, 172.990 euros.

Acondicionamento das rúas Río Xallas, Río Ulla e Río Eo, 163.297 euros: pavimentación das rúas da urbanización Os Regos que se atopan en peor estado de conservación. Renovaranse as beirarrúas e a capa de rodaxe da calzada.

Melloras das casas do pobo de Lorbé e Dexo, 143.170 euros: na casa do pobo de Lorbé procederase á instalación dun ascensor, pintarase toda a fachada do edificio, realizaranse diversas melloras exteriores e interiores e demolerase o antigo local da chave para crear un almacén nese espazo. Na casa do pobo de Dexo repararase e pintarase a fachada e instalarase unha reixa para evitar o acceso á cuberta desde o muro anexo á edificación.

Pavimentación da rúa A Seara (Nós), 134.096 euros.

Reurbanización do viario de conexión entre a avenida das Mariñas e a rúa Ícaro, 67.502 euros: as obras contemplan as actuacións correspondentes á pavimentación da calzada, instalación das redes xerais de recollida de augas pluviais e de alumeado público, así como construción dos tramos de beirarrúa e reparación da senda peonil existente.

Reforma do centro de Lecer, 61.164 euros: abordaranse diversas melloras no edificio público do Centro de Lecer de Santa Cruz. Principalmente, realizarase a reparación da cuberta existente e a redistribución de espazos interiores para un mellor aproveitamento.

Pavimentación das rúas Mapoulas e Abella, 53.430 euros: actuación dirixida á renovación do pavimento destas dúas rúas situadas na parroquia de San Pedro de Nós. Ademais, na rúa da Abella aproveitarase para instalar a rede de abastecemento de auga.

Pavimentación da rúa do Mazadoiro (Mera), 50.000 euros.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa