Criterio
Mes
Ano

Alternativa dos Veciños non permitirá a construción dunha gasolineira en Bastiagueiro

10/08/2018

O Concello de Oleiros denegará a licenza de construción e de actividade a unha empresa que pretende construír unha gasolineira nunha parcela da avenida Ernesto Che Guevara, á altura da rúa dos Niños. O Plan xeral de ordenación municipal clasifica esa parcela como solo rústico de protección de infraestruturas e só é posible crear aparcadoiros.

A instalación dunha gasolineira nese lugar da avenida Ernesto Che Guevara suporía a contaminación da praia de Bastiagueiro, que se atopa a unha distancia de 100 metros. Tamén carrearía un imporante perigo para as vivendas que se atopan pegadas á parcela.

Existen tres sentenzas xudiciais que xa lle dan a razón ao Concello de Oleiros neste caso. A última é de 2015, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que volveu confirmar que non se pode construír unha gasolineira nesa zona.

“Non van montar ningunha gasolineira en Bastiagueiro. Baixo ningún concepto imos permitir a contaminación da praia. O Plan xeral é moi claro e os tribunais xa nos deron a razón en tres ocasións. Non se pode construír unha gasolineira en calquera sitio. Ademais a estrada é municipal, polo que non imos autorizar esa bomba. Que estean tranquilos os veciños que non imos permitir unha gasolineira pegada ás casas”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa