Criterio
Mes
Ano

Alternativa dos Veciños demanda ante Portos de Galicia a reparación do porto de Santa Cruz

23/08/2018

O Concello de Oleiros remitiu un documento a Portos de Galicia para demandar a reparación dos danos existentes no porto de Santa Cruz. Aínda que a día de hoxe non existe actividade pesqueira profesional, son moitas as persoas que usan a diario este dique para pasear e tomar o sol.

Ademais dos problemas estéticos de abandono, existen importantes fendas no firme que poden causar danos a calquera das numerosas persoas que pasean por esta zona. Nos últimos anos o porto tivo dous afundimentos importantes e descoñécese o estado actual da estrutura, polo que sería necesario unha revisión para evitar un novo afundimento. Hai que ter en conta que entre o 24 e o 28 de agosto son as festas da localidade e o porto estará cheo de xente, especialmente a noite do día 28 con motivo da tirada dos fogos artificiais.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa