Criterio
Mes
Ano

Os nenos saharauís do programa Vacacións en Paz visitan o Concello de Oleiros

24/08/2018

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, xunto coa concelleira de cooperación, Marga Figueroa Vázquez, recibiron esta mañá na Casa do Concello ao grupo de nenos e nenas saharauís que están a pasar as súas vacacións en Oleiros grazas ao programa Vacacións en Paz que organiza a ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharauí e que o Concello financiou con 6.000 euros.

Durante o encontro, o alcalde deulles unha agarimosa benvida, preguntoulles pola súa estadía en Oleiros e tamén lles desexou sorte para o futuro. Igualmente, o alcalde tivo palabras de recoñecemento e agradecemento para as familias que acollen durante os meses de verán a estes nenos e nenas.

Alternativa dos Veciños ten un forte compromiso co pobo saharauí. Ademais de participar e impulsar desde os seus inicios o programa Vacacións en Paz, desde Oleiros apoiáronse numerosas campañas para denunciar a situación existente no Sáhara Occidental.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa