Criterio
Mes
Ano

A Xunta minte descaradamente sobre os trámites realizados polo Concello de Oleiros para a chegada da liña 1-A a Santa Cristina

29/08/2018

O Concello de Oleiros remitiu o pasado día 2 de agosto a resposta ás alegacións presentadas polas empresas concesionarias no trámite de audiencia para a chegada da liña do bus urbano da Coruña 1-A a Santa Cristina. Vergoñosamente, a Dirección Xeral de Mobilidade minte ao afirmar que “non consta ningunha resposta” por parte do Concello de Oleiros.

Aínda que o prazo para presentar o documento remataba o día 22 de agosto, a Xunta de Galicia recibiu a resposta do Concello de Oleiros ás alegacións o día 2 de agosto ás 12:15 horas. No escrito recóllense todas as consideracións sobre as alegacións realizadas por parte das compañías de transporte.

DOCUMENTO ENVIADO Á XUNTA DE GALICIA

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa