Criterio
Mes
Ano

Alternativa dos Veciños insiste na necesidade da auditoría ao Consorcio das Mariñas

10/09/2018

Ante as desafortunadas críticas dalgúns alcaldes da área metropolitana, Alternativa dos Veciños lembra a necesidade dunha auditoría en profundidade ás contas do Consorcio e critica as declaracións dalgúns alcaldes da comarca da Coruña.

 

O voceiro do grupo provincial de Alternativa dos Veciños, Ángel García Seoane, lembra o amparo legal que ten o Concello de Oleiros de cara a solicitar esta auditoría e lembra a necesidade de que se faga con todos os recursos necesarios. Así mesmo, critica as palabras do alcalde de Cambre e da alcaldesa de Bergondo, que tacha de desafortunadas, especialmente ao ter en conta que "dan consellos que non están a aplicar nos seus concellos". 

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa