Criterio
Mes
Ano

Os xabarís invaden as zonas urbanas de Oleiros ante a pasividade da Xunta de Galicia

11/09/2018

As zonas urbanas do Concello de Oleiros están a sufrir importantes danos provocados pola chegada de xabarís aos parques e xardíns dos principais núcleos do municipio.

 

A Xunta de Galicia, organismo que ostenta as competencias sobre o control destes animais, está obrigada por lei a controlar a reprodución incontrolada da especie, así como a abordar o problema que están a causar os xabarís nas zonas urbanas do Concello de Oleiros. Ante a pasividade do órgano autonómico, o Concello de Oleiros fixo unha serie de propostas que foron ignoradas pola Xunta: “A Xunta de Galicia leva moito tempo dando largas con este tema e está a fomentar un problema gravísimo. É indignante esta actitude que está provocando danos materiais considerables en zonas urbanas de Montrove, San Pedro, Santa Cruz, ou Perillo”, apunta García Seoane, alcalde de Oleiros.

 

A situación actual é de moita gravidade e se a Xunta ten que tomar medidas inmediatas antes de que se teña que lamentar algún dano persoal, posto que son moitos os veciños e veciñas que se topan con estes animais preto dos seus fogares.

 

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa