Criterio
Mes
Ano

Alternativa dos Veciños critica as contradicións de PP e PSOE a respecto do Porto da Coruña

14/09/2018

O pleno da Deputación da Coruña emite unha declaración institucional apoiando o acordo unánime do Parlamento Galego solicitando ao Ministerio de Fomento o financiamento das obras do Porto Exterior.

 

Ángel García Seoane, voceiro do Grupo Provincial Alternativa dos Veciños, critica o oportunismo dalgúns partidos políticos con respecto ao debate sobre os terreos do Porto da Coruña: “Mentres en Valencia se negociaba a débeda, en A Coruña tanto PSOE como PP xogaron a especular cos terreosÉ agora súbense ao carro de pedir o financiamento das obras do porto exterior a Madrid. É se Madrid non paga, volveran a intentar especular? Que a xente teña claro que hai dous días, a xente do PSOE estaba dicindo outra cousa”, argumenta Seoane.

 

Nos acordos unánimes adoptados por todos os grupos da Deputación da Coruña, solicítaselle ao Ministerio de Fomento, á Autoridade Portuaria, a ADIF, ao Concello da Coruña e á Xunta de Galicia que constitúan un ente público como forma de participación e xestión do novo horizonte litoral. “Os terreos do Porto da Coruña son dos cidadáns, son públicos. Nós o temos claro e imos seguir pelexando porque sexa así. Non cambiaremos de criterio e denunciaremos a quen pretenda especular cos mesmos”, sentencia o voceiro de Alternativa. 

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa