Criterio
Mes
Ano

As entidades veciñais participarán na elaboración dos orzamentos municipais

25/09/2018

O orzamento municipal para o ano 2019 atópase xa en fase de redacción. O documento que está a elaborar o Goberno municipal incluirá tamén as propostas realizadas desde entidades máis representativas de cada localidade, principalmente das asociacións de veciños.

Nas vindeiras semanas os colectivos recibirán unha carta do alcalde para que participen na elaboración dos orzamentos municipais. Tal e como fan todos os anos, poderán trasladar as súas propostas ao Goberno local que as analizará para posteriormente incluír aquelas que poidan ser realizables nos orzamentos municipais de 2019.

Antes de aprobar o documento definitivo no pleno municipal, celebrarase unha asemblea con todas as entidades de Oleiros. O alcalde presentaralle os orzamentos ás asociacións do municipio e explicaralles cales das súas propostas entran e cales non.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa