Criterio
Mes
Ano

Alternativa logra novos cursos de socorrismo financiados pola Deputación da Coruña

28/09/2018

O pleno da Deputación da luz verde a unha nova convocatoria de cursos de formación para a obtención da certificación de profesionalidade en socorrismo en espazos acuáticos naturais e en instalacións acuáticas para mozos e mozas da provincia da Coruña.

 

 

A través dunha moción presentada por Alternativa dos Veciños, o Pleno da Deputación comprométese a elaborar unha nova convocatoria para os rapaces e rapazas da provincia da Coruña. A moción foi aprobada por todos os grupos agás o PP que, a pesar de anunciar previamente o seu voto favorable, decidiu finalmente absterse por non considerar que se deba “instar” a Xunta de Galicia a cumprir os seus compromisos e competencias nesta materia. O PSOE condicionou precisamente o seu apoio á inclusión desta instancia no texto dos acordos da moción.

 

CLICK PARA VER O TEXTO DA MOCIÓN

 

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa