Criterio
Mes
Ano

Alternativa dos Veciños demanda que o Ministerio de Fomento contrate a obra de Sol y Mar en 2018

01/10/2018

Alternativa dos Veciños insiste na necesidade de que, dunha vez por todas, o Ministerio de Fomento contrate a obra de construción dun túnel na intersección coñecida como Sol y Mar. Co proxecto xa aprobado, o Goberno central non ten escusas para sacar a obra a contratación antes de que remate o ano, pois exsite unha partida nos orzamentos do Estado para facer esta actuación.

“O Ministerio de Fomento conta con 4 millóns de euros para comezar a obra este ano e sería moi grave que non a contrataran. Non hai que facer nada novo, simplemente sacala a licitación”, explicou o alcalde Ángel García Seoane. “Aí arriba o que teñen que facer uns e outros é deixarse de polémicas absurdas e dedicarse a gobernar. Non poden falar do orzamento do 2019, cando aínda non executaron o deste ano”, dixo García Seoane.

Esta actuación, xunto coa conexión da vía Ártabra coa Autoestrada do Atlántico, solucionarían moitos dos graves problemas de tráfico que existen na comarca e nos accesos á cidade da Coruña. Alternativa dos Veciños agarda que a Xunta de Galicia tamén licite en 2018 a conexión da Ártabra coa AP-9.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa