Criterio
Mes
Ano

As rotondas do Graxal, As Torres e Abeleiras serán ornamentadas

07/10/2018

O Concello de Oleiros iniciará os trámites de licitación para a ornamentación de 4 rotondas do municipio. Está prevista a ordenación e decoración con diversos motivos das dúas rotondas de acceso á urbanización O Graxal, a rotonda das Torres en Oleiros e a rotonda de Abeleiras en Dorneda.

Igual que noutras zonas do concello, o Goberno municipal pretende embelecer estes espazos públicos. As rotondas, ademais de contribuír a crear contornos máis agradables, permiten mellorar notablemente a fluidez do tráfico.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa