Organigrama


  Estructura e funcións dos órganos de Alternativa dos Veciños.

   1. NIVEL PARROQUIAL  

       A efectos de organización considéranse os seguintes núcleos de poboación: Dexo-Lorbé, Serantes-Mera, Maianca, Dorneda, Oleiros, Iñás, Santa Cruz, Montrove, Nós e , Perillo.

      Asamblea Parroquial Aberta:

       - Celebrase cando a actualidade o requira e polo menos unha vez ó ano no mes de decembro.
       - Ten caracter informativo.
       - Participan nela tódolos veciños da parroquia que o desexen.
       - Será convocada polos membros da Comisión Local.  

    Comisión Local:

       - Está formada polos simpatizantes habituais de cada parroquia.
       - Reúnese, con caracter ordinario, dúas veces ó ano, e con carácter extraordinario sempre que o solicite un grupo de simpatizantes ou o membro parroquial da Comisión Executiva.
       - Será convocada polo representante da parroquia na Comisión Executiva.
       - A reunión estará presidida polo membro da Comisión Executiva e actuará como Secretario un dos membros da Comisión Local.
       - As súas funcións son as seguintes:

             É a encargada de elixir ós membros da Comisión Executiva.
             Convocar a Asemblea Parroquial Aberta.
             Recabar dos veciños información sobre as necesidades da parroquia.
             Levantar acta das reunións celebradas, entregándoselle unha copia ao representante na Executiva, para o coñecemento por parte desta.
             Trasladar á Comisión Executiva das inquedanzas, necesidades e problemas que poidan xurdir na parroquia.  

 

2. NIVEL XERAL  

    Asemblea Xeral Aberta.

    - Reúnese, con carácter ordinario, unha vez ó ano.
    - Pode reunirse con carácter extraordinario cando ó solicite a Comisión Executiva.
    - Participan nela tódolos veciños que o desexen.  

   Comisión Executiva

     - O número de membros da Comisión Executiva queda establecido en CATORCE, correspondendo un/ha vocal por cada unha das dez comisións locais do municipio, un/ha presidente/a, un/ha vicepresidente/a, un/ha secretario/a xeral e un/ha secretario/a de Comunicación.
     - Cada Comisión Parroquial elixe un membro, que non pode ser Concelleiro.
     - Reúnese, con carácter ordinario, unha vez ó mes, debendo facerse as convocatorias cunha antelación mínima de tres días, excepto en casos de asuntos de urxencia.
     - Reúnese, con caracter extraordinario, a proposta do Presidente, do VSecretario Xeral, dun tercio dos seus membros ou para tratar asuntos de urxencia. 
     - As súas funcións son as seguintes:

               Fixar criterios políticos sobre os asuntos de interese municipal.
               Fiscalizar, en xeral, o traballo do goberno municipal da Alternativa dos Veciños.
             Analizar a conducta política dos Concelleiros e, si procedera, facer propostas para reconducir ou cesar ós mesmos, sempre e cando non respecten os criterios políticos da Alternativa dos Veciños.

  o Cada membro da Executiva deberá informar aos membros da Comisión Local da súa parroquia dos acordos adoptados na Comisión Executiva.

 

  A Comision Executiva esta formada polos seguintes membros:

PRESIDENTE: Angel Garcia Seoane.

VICEPRESIDENTE: Alfredo Novoa Gil.

SECRETARIO XERAL: Felipe Louzán Lago.

SECRETARIA COMUNICACION: Marga Figueroa Vázquez.

TESOUREIRO: J. Antonio Franqueira Becerra.

 

  VOCAIS:

DEXO: Igor Perez.

DORNEDA: José Luis Viñal.

IÑAS: Jaime Rumbo.

MAIANCA: María Siso.

MONTROVE: J. Antonio Franqueira.

NOS: Belén Taboada.

OLEIROS: Manuel Sánchez.

PERILLO: Peregrina Reinoso.

SANTA CRUZ: José Ramón Vázquez.

SERANTES: Andrés Sánchez Abansés.

GRUPO XOVENES: Alfonso Luis García.

 

PRESIDENTA HONORIFICA: Esther Pita Pita.

 

Axenda Alternativa